CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

"Bamboleo" recibe esta semana a visita de Víctor Manuel e Lucía Pérez

12/01/2019

O espazo presentado por Lucía Regueiro (22.00 h.) contará coas súas seccións habituais e coa actuación da orquestra Principal

"Bamboleo" recibe esta semana a visita de Víctor Manuel e Lucía Pérez

Santiago, 12.01.2019.-   O espazo de música e entretemento “Bamboleo” convida esta noite a subir ao seu escenario o cantautor asturiano Víctor Manuel, que, despois de dez anos, regresa cun álbum de cancións inéditas, “Casi nada está en su sitio”, co que reflexiona sobre a velocidade coa que se moven os acontecementos na actualidade.

O programa da TVG presentado por Lucía Regueiro tamén recibirá a visita da orquestra Principal e da cantante galega Lucía Pérez, que celebra 15 anos no mundo da música cun novo disco. Tras o éxito de “Quitapenas”, chega o seu sétimo álbum, titulado “Quince soles”, gravado integramente en galego e que contou coas colaboracións de Vizcaíno, Chenoa, Rosa Cedrón, Tonhito de Poi e Sito Sedes.

No escenario tamén estarán Laura, interpretando “Jardim com tempo” e Malejo, co tema “¿Y como es el?”, en versión de Marc Anthony, para competir ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”.

Coma sempre, “Bamboleo” ofrecerá tamén as seccións “A ITV do amor”, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “A Jrileira”, onde Isaías e Mónica se enfrontarán ao karaoke cantando “Felices los cuatro”, de Malume, e “Dirtidansi”.