CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Balonmán e hóckey de Primeira División, o máis destacado nos deportes da CRTVG esta fin de semana

15/03/2019

A canle pública retransmitirá tamén o encontro do Ourense da LEB Ouro e o mellor fútbol de Segunda B e Terceira División

Balonmán e hóckey de Primeira División, o máis destacado nos deportes da CRTVG esta fin de semana

Santiago, 16.03.2019.- Unha fin de semana máis, a tvG2 transmitirá toda a oferta polideportiva dos equipos galegos, con protagonismo especial do hóckey a patíns ou do balonmán, alén de todo o fútbol.

A primeira cita da fin de semana será o balonmán feminino, co encontro da Primeira División entre o Balonmán Porriño e o Balonmán Zuazo. O partido enfronta dous rivais directos, pegados na clasificación. O encontro entre galegas e bilbaínas poderase seguir en directo na tvG2 e na web da CRTVG ás 17.00 horas.

Ás 19.00 horas será a quenda do baloncesto, co encontro da LEB Ouro entre o Río Ourense e o Valladolid, dous equipos que buscan achegarse a zona de ascenso.

A xornada dominical comeza con hóckey a patíns. A partir das 12.30 horas en directo na tvG2, Liceo – Xirona. Os homes de Juan Copa, segundos na clasificación a bastante distancia do líder, o Barcelona, buscan os tres puntos ante un rival teoricamente sinxelo, o Xirona.  Ás 14.30 horas, tempo os deporte de inverno en ‘A neve’.

A tarde do domingo terá o fútbol como protagonista, cos mellores partidos en ‘A Liga das cidades’, que comeza as 16.00 horas na tvG2 e pola web. En primeiro lugar, Celta B – Unionistas de Salamanca e a continuación, quenda para o Fabril – Coruxo. A partir das 17.00 horas, os espectadores tamén poderán gozar dun carrusel de encontros de Terceira División.

Ás 19.00 horas, pola tvG2, encontro entre dous equipos históricos do fútbol galego, que actualmente se atopan no pozo de Terceira División, Ourense – Compostela. Dende o Couto, a loita por retornar a terceira categoría do fútbol español.

O deporte remata na CRTVG ás 22.45 horas co ‘En xogo’, que mostrará todos os resumos da fin de semana.