CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

As anécdotas e as historias máis divertidas de Manuel Manquiña e David Perdomo, esta noite en 'Land Rober Tunai Show'

10/01/2019

Para que os espectadores tamén xoguen na casa, volve o reto que enfronta xeracións: Xubilados VS Milennials

As anécdotas e as historias máis divertidas de Manuel Manquiña e David Perdomo, esta noite en 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 10.01.2019.- Este xoves volve á Televisión de Galicia o programa máis agardado polos espectadores. Neste comezo de ano, o 'Land Rober Tunai Show' (22.10 h.) recibe a Manuel Manquiña. O actor contará algunha das súas historias, que poden ser verdade ou 'Mentira Cochina'. Nesta mesa tan particular, tamén se escoitarán anécdotas de David Perdomo. A que se vai armar con estes dous!

Volven tamén as historias do garda civil. Que lle pasará desta vez ao axente? Conseguirá saír coa súa?

Ademais, para que os espectadores tamén xoguen na casa, volve o reto que enfronta xeracións: Xubilados VS Milennials. Quen conseguirá o liderado deste show entre novos e non tan novos?