CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Adriana Domínguez, filla dun dos artistas máis importantes da moda galega, protagonista en "O Gato con Botas"

12/06/2018

Manuel Manquiña coñecerá as novas liñas que van a seguir na marca e poderá conversar con ela da súa etapa como actriz nos Estados Unidos (23.55 h.)

Adriana Domínguez, filla dun dos artistas máis importantes  da moda galega, protagonista en "O Gato con Botas"

Santiago, 12.06.2018.-   Manuel Manquiña e o equipo de “O Gato con Botas” desprázanse hoxe ata Ourense para pasar o día coa filla dun dos artistas máis importantes da moda galega: Adriana Domínguez, que desde xullo de 2017 é a directora xeral de Adolfo Domínguez.

Para coñecela mellor, o programa da TVG percorrerá a casa onde se construíron as primeiras pedras do gran proxecto que é hoxe Adolfo Domínguez. Manquiña tamén coñecerá as novas liñas que van a seguir na marca e poderá conversar con ela da súa etapa como actriz nos Estados Unidos.