CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A web da CRTVG emite este mércores, en directo, o Rácing de Ferrol-San Sebastián de los Reyes

15/01/2020

O partido poderase ver en crtvg.gal, a partir das 20:00 horas

Ambos conxuntos levan dúas xornadas consecutivas sen ver a vitoria

A web da CRTVG emite este mércores, en directo, o Rácing de Ferrol-San Sebastián de los Reyes

Santiago, 15.01.2020.-  Este mércores, a web da CRTVG emite o encontro en que o Rácing de Ferrol recibe o San Sebastián de los Reyes na Malata, partido correspondente á xornada 20 da Segunda División B de fútbol. 

O Rácing de Ferrol–San Sebastián de los Reyes poderase ver en crtvg.gal a partir das 20:00 horas. Na Malata disputarase un encontro moi importante para as afeccións de ambos equipos, pois levan sen ver a vitoria desde que comezou o 2020. O Rácing de Ferrol perdeu na casa na xornada 19 ante o Raio Majadahonda e ocupa o posto número 10 da táboa de clasificación, con 26 puntos. En caso de gañar o encontro de mañá os de Larraz poderían acadar a sétima posición e empatar a puntos co Pontevedra. 

Pola súa parte, o San Sebastián de los Reyes atópase nunha situación moi delicada, xa que ocupa a última posición da táboa con 11 puntos, e está a 12 da salvación. Este conxunto enfróntase, por terceira xornada consecutiva, a un conxunto galego, os predecesores foron o Pontevedra e o Coruxo, resultando derrotado o conxunto madrileño nos dous partidos.