CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A vila de "Serramoura" vese envolta de novo no misterio coa desaparición dun corpo do cemiterio

02/12/2018

Santos pretende utilizar a Raquel para protexer os intereses de Teresa e Evaristo fronte aos ataques de Pancho

A vila de "Serramoura" vese envolta de novo no misterio coa desaparición dun corpo do cemiterio

Santiago, 02.12.2018.-  O misterio volve esta semana a “Serramoura” (22.20 h.): unha tumba do cemiterio apareceu aberta e desapareceu o corpo que estaba soterrado. No cuartel, tanto Roi como Marga sospeitan que se trata dunha vaga de vandalismo, pero Tomás opina que o caso é diferente, xa que ninguén rouba un corpo sen un motivo.

Despois de interrogar a filla da falecida, Marga e Roi teñen que achegarse ata a casa da Roxa, unha “bruxa” que vive en Serramoura e que tivo varias discusións coa morta. Pero, a aparición dun corazón no cemiterio obriga a Marga e Roi a enfocar o caso doutro xeito.

Mentres tanto, Santos segue ocupado protexendo os intereses de Teresa e Evaristo da banda criminal de Pancho, pero os seus esforzos non dan resultado e propón utilizar a Raquel para evitar os ataques de Pancho. Pola súa parte, Luz conseguiu o permiso de Marga para ir ao ximnasio de Xoel co obxectivo de buscar mozo e aprender boxeo. Pero axiña se descubrirá que as intencións de Xoel son outras.