CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A tvG2 retransmite o XV Torneo de Futbol Base do Deportivo desde Abegondo

17/05/2018

A partir das 18.00 horas, os partidos decisivos poderanse seguir en directo a través da segunda canle da Galega e da web da CRTVG

A tvG2 retransmite o XV Torneo de Futbol Base do Deportivo desde Abegondo

Santiago. 17.05.2018.- Os grandes futbolistas que agora enchen os mellores estadios do mundo comezaron destacando desde ben pequenos nos torneos de fútbol base. Messi, Iniesta ou Iago Aspas chamaron a atención por primeira vez en competicións como a que se emite este xoves na TVG.

Desde as 18.00 horas e ata o remate da competición, poderanse seguir en directo pola tvG2 e pola web os partidos decisivos da décimo quinta edición do Torneo do Real Club Deportivo. O torneo reúne ata a 180 equipos de toda Galicia, 67 prebenxamíns e 113 benxamíns, na que será a gran festa do fútbol galego de base. Ata 2.500 xogadores participarán nos encontros que comezan ás 09.00 horas da mañá e que se estenderán ata o remate da final benxamín, que comeza ás 19.30 horas.

A emisión en directo na segunda canle da Galega e na web da CRTVG dá inicio ás 18.00 horas. Os espectadores poderán ver os mellores partidos e as finais das estrelas do futuro. Roberto Prado e Belarmino Alonso serán os encargados da narración e comentarios desde os campos de fútbol de Abegondo, cidade de adestramento do Real Club Deportivo da Coruña.