CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A tvG2 ofrece esta tarde o amigable que disputarán as seleccións da Arxentina e Nixeria en Rusia

14/11/2017

Gustavo Varela narrará o encontro, a partir das 17.30 horas

A tvG2 ofrece esta tarde o amigable que disputarán as seleccións da Arxentina e Nixeria en Rusia

Santiago, 14.11.2017.-   A segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2, ofrecerá hoxe o amigable que xogarán a selección arxentina e nixeriana na cidade rusa de Krasnodar. Con este partido, Arxentina pecha a súa xira por Rusia, sede do próximo Mundial 2018.

Arxentina e Nixeria xogarán por oitava vez na historia, en que os albicelestes gañaron en cinco ocasións fronte a un triunfo do conxunto africano e un empate. Gustavo Varela narrará o encontro para os espectadores da canle pública galega, ás 17.30 horas.