CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG volveu ser líder de audiencia entre as televisións autonómicas no mes de abril

01/05/2017

Na comunidade autónoma, a Televisión de Galicia situouse como segunda canle máis vista no "prime time"

Santiago, 01.05.2017.-    A TVG foi a televisión autonómica máis vista durante o mes de abril, cun 10,4% de cota de pantalla no total día, mantendo esta posición por cuarta vez desde decembro pasado e aumentando a súa distancia sobre a seguinte canle en audiencia, que foi a catalá TV3 (9,6%). A continuación situáronse a andaluza Canal Sur (9,4%) e Aragón TV (8,4%).

En Galicia a canle pública galega estivo só por detrás de Telecinco na faixa horaria do prime time ou de maior seguimento, cunha cota do 10,7%, e mantén esa posición por quinto mes consecutivo.

Ao 10,4% do total día súmase o dato da tvG2, xa que a segunda canle achegou outros 0,8 puntos correspondentes á súa audiencia media no mes de abril.

 

Galería de imaxes