CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG volve facerse co liderado en Galicia na faixa da noite

09/08/2018

Destaca tamén a audiencia da Galega ao mediodía, sendo o “Telexornal Mediodía” e o “Galicia Noticias” dous dos espazos máis vistos da xornada

Dos 10 espazos máis vistos, 5 son da CRTVG

 

A TVG volve facerse co liderado en Galicia na faixa da noite

Santiago, 09.08.2018.-  A noite volve ser unha faixa que conquista a TVG. A programación nocturna do mércores acadou, de novo, o apoio da audiencia galega. Os contidos máis amorosos da televisión, que comezan nesta faixa coa emisión de “Casamos!”, acadaron onte o liderado no ‘prime time’ cunha cota de pantalla de 13,4%. No conxunto do día, o ‘share’ situouse nun 10,6%.

Pero non só as propostas de entretemento son do gusto da audiencia, xa que os espectadores galegos tamén escollen a Televisión de Galicia para estar ao tanto da actualidade, como o reflicten os datos de audiencia que sitúan aos espazos informativos, unha xornada máis, entre os programas máis vistos do día.

Deste xeito, no ranking dos dez programas cun maior seguimento, a TVG contou con 5 emisións: “Telexornal Mediodía 14.30” (24,1% de cota), “Telexornal Mediodía 15.00” (20,3%), “Galicia Noticias” (20,3%), “Casamos!” (13,5%) e “Sopa de Festa” (15,6%).