CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG pecha o seu mellor mes de setembro desde 2013

03/10/2022

A audiencia chega ao 9,9 % no conxunto do día e dispárase ata o 11,2 % no prime time

Nos informativos, lidera a suba o ‘Telexornal Mediodía’ entre semana e na fin de semana

A TVG pecha o seu mellor mes de setembro desde 2013

Santiago, 03.10.2022.-    Un 11,2 % de share no prime time e un 9,9 % no conxunto do día son a resposta da audiencia á proposta de programación de outono da Galega, estreada en setembro, mes que TVG pechou cun incremento de audiencia respecto a agosto e tamén ao mesmo período do ano pasado. Segundo os datos do medidor independente Kantar Media, este foi o mellor mes de setembro para a Galega desde 2013.

Tamén a G2 consolida a cota de pantalla acadada en agosto, 1 %, a máis alta desde 2015. Con respecto a setembro de 2021, a canle pública galega incrementou en 8 décimas a súa cota e no que levamos de 2022 a media é do 10,1 %.

Entre as canles que integran a FORTA, Televisión de Galicia segue no podio en setembro e segue sendo, ademais, un dos motores deste grupo de canles autonómicas, ao superalo en 1,9 puntos de share no prime time e 1,2 no conxunto do día.

Ademais do aumento de audiencia na proposta de entretemento, hai que salientar a subida dos informativos ‘Telexornal Mediodía’ e e ‘Telexornal Mediodía Fin de Semana’.

De luns a venres a TVG acaba o día en dous díxitos: luns (10,6 %), martes (10,1 %), mércores (10,3 %), xoves (10,4 %) e venres (11,1 %). Na franxa do prime time, destaca a suba en luns, xoves e venres. Nesta faixa de máxima competitividade do día, a TVG sitúase por diante de canles públicas e tamén canles privadas como Telecinco.

Na foto superior, un momento do programa 'Galicia Bonita', que se emite no prime time dos luns