CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG ofrece esta noite un especial polo nacemento da filla da artista Eva Iglesias

29/08/2019

Escoitaranse as súas primeiras impresións como nai, así como os seus preparativos de cara ao arranque dunha nova temporada de ‘Land Rober’ en setembro
  

A TVG ofrece esta noite un especial polo nacemento da filla da artista Eva Iglesias

Santiago, 29.08.2019.-  Pensando nos fieis seguidores do ‘Land Rober’, Televisión de Galicia ofrece esta noite un adianto de cara ao 12 de setembro, data en que regresa o programa á canle pública, coa emisión do especial ‘A miña nai chámase Eva Iglesias’. Unha entrevista coa colaboradora Eva Iglesias quen, ademais de dar as súas primeiras impresións e sentimentos como nai de Julia, falará sobre como se prepara para a estrea da nova temporada.

A versátil artista de Rianxo, que compartiu con todos os fans do programa a súa voda e tamén o seu embarazo, contaxiará a súa emoción aos espectadores na súa nova faciana como nai. Falará dos momentos importantes vividos nos últimos anos e que fixo públicos no escenario do ‘Land Rober’ e da súa relación tan especial cos compañeiros do programa.

A elección do nome da nena, as sensacións que tivo ao ver as primeiras ecografías, o nacemento da pequena, a figura da súa nai e o apoio do seu marido, entre outros moitos aspectos persoais e profesionais, hoxe, a partir das 21.45 horas, na TVG.