CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG lidera a fin de semana de Nadal en Galicia

26/12/2022

No total día, a Galega acadou un 17 % de media entre o día de Noiteboa e Nadal

 

A Galega foi tamén a autonómica máis vista desta fin de semana, e pola que máis se seguiu a mensaxe do rei

 

A TVG lidera a fin de semana de Nadal en Galicia

Santiago, 26.12.2022.-   A TVG foi a canle máis vista en Galicia nesta fin de semana de Noiteboa e Nadal, cunha cota media do 17 %, por diante de Antena 3, La 1 e Telecinco. Máis de 700.000 persoas o sábado e outras 700.000 o domingo viron a TVG nesta fin de semana.

O sábado 24, Televisión de Galicia foi líder nas franxas de mañá (12,7 %), tarde (15,9 %) e tamén da noite, onde o concurso ‘Atrápame se podes. Edición Nadal’ seguido do especial de Noiteboa de ‘Land Rober Tunai Show’ lideraron a franxa cun 23,1 %.De entre a programación especial de Nadal destaca tamén a mensaxe do rei emitida pola TVG, que supuxo unha media do 17,7 %, que é a cifra máis alta de seguimento de entre todas as canles autonómicas.

 

Entretemento e informativos do día de Nadal

 O día de Nadal, a TVG volveu ser líder de audiencia en Galicia, cun 14,8 % de cota media, dous puntos máis que Antena3 e cinco puntos máis que La 1. No prime time, a emisión do espazo ‘Juan Pardo, o sucesor’ acadou un 22,7 % de share.

Os informativos deste 25 de decembro superaron de novo a barreira do 20 % e así os do mediodía acadaron o 20,3 %  e no serán o 21,8 %.