CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG lanza unha canción cos seus presentadores para arrancar o 2021 cun sorriso

31/12/2020

Máis dunha vintena de profesionais da Galega interveñen neste vídeo musical, que se estrea, de xeito íntegro, o venres 1, despois do ‘Telexornal Mediodía’, e tamén nas redes sociais da CRTVG

A TVG lanza unha canción cos seus presentadores para arrancar o 2021 cun sorriso

Santiago, 31.12.2020.-  Televisión de Galicia quere entrar no 2021 cunha mensaxe optimista e un divertido vídeo musical en que participaron boa parte dos seus profesionais máis coñecidos. Con el quere agradecerlles aos espectadores a súa fidelidade e á vez intentar que todos comecemos este 2021 cun sorriso. Ao comezo do novo ano, tras as badaladas, poderase ver un avance deste vídeo musical, que se estreará, de xeito íntegro, despois da emisión do ‘Telexornal Mediodía’ do día 1 e nos perfís das redes sociais da CRTVG.

A versión en galego da canción ‘Que sorte de terte’ foi a elixida para comezar da mellor maneira posible estas datas: bailando. Interpretan o tema  Lucía Pérez, Fátima Pego e Tania Veiras, arroupadas por máis dunha vintena de rostros populares da TVG, que participaron cun baile cheo de cor e complicidade.
 
Neste rexistro divertido, fóra da seriedade que require o seu labor profesional, poderanse ver coñecidos xornalistas de Informativos, Deportes e O Tempo, e presentadores e reporteiros de programas da Galega, como ‘Estache bo!’, ‘Eventos G’, ‘Quen anda aí?’, 'Fun polo aire', ‘Que nos pille rebolando!’, ‘Land Rober Tunai Show’, ‘Bamboleo’, ‘Luar’, ‘Come a comarca’ e ‘Os cantos rolados’, entre outros.

                                                     #Coidémonos

Galería de imaxes