CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

No informativo "Bos Días", rolda de entrevistas electorais aos representantes dos principais partidos galegos

21/05/2014

Presentadas por Jesús Fontenla, emitiranse por orde crecente, en directo e en días consecutivos

No informativo "Bos Días", rolda de entrevistas electorais aos representantes dos principais partidos galegos

Santiago, 19.05.2014.- A Televisión de Galicia inicia hoxe unha rolda de entrevistas a todos os partidos que obtiveron máis de cen mil votos na comunidade galega nas eleccións europeas de 2009, ou que son grupos políticos significativos, e concorren aos comicios ao Parlamento Europeo do próximo 25 de maio. 

Presentadas polo xornalista da TVG, Xesús Fontenla, emitiranse dentro do informativo matinal “Bos Días”, ás 09.30 horas, en directo, e por orde crecente. Deste xeito, este luns intervirá Lidia Senra, candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa: a Esquerda Plural (AGE).

En días sucesivos, este espazo electoral contará respectivamente coa participación de Ana Miranda, do BNG-Os Pobos Deciden; Xosé Blanco, do PSOE, e Millán Mon, candidato polo PP