CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG estrea esta noite a premiada comedia 'Eroski Paraíso', filme sobre o cambio de España nos últimos 35 anos

23/03/2020

A trama está baseada en historias reais que aconteceron na sala de festas Paraíso, en Muros, agora convertida nun supermercado

 

A TVG estrea esta noite a premiada comedia 'Eroski Paraíso', filme sobre o cambio de España nos últimos 35 anos

Santiago, 23.03.2020.-  Televisión de Galicia estrea esta noite, en ‘prime time’, a longametraxe galega ‘Eroski Paraíso’ (22.30 h), comedia documental dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, coa que Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo acaban de gañar respectivos Premios Mestre Mateo áo mellor actor e actriz protagonista. Esta metáfora, en clave de humor, sobre a gran transformación social de España nos últimos 35 anos, é unha produción de Chévere e Ojo Vivo.

‘Eroski Paraíso’ naceu coma unha obra de teatro creada pola compañía Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, que, despois dunha xira de varios anos por España e éxito de público, converteuse en longametraxe. A peza, que conta nos papeis principais con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cris Iglesias, está baseada en historias reais que aconteceron no Paraíso, unha famosa sala de festas de Muros, que pechou en 1990 e que actualmente é o supermercado Eroski.

A película narra a historia de Álex, unha nova cineasta, que decide facer un documental sobre a historia dos seus pais, agora divorciados. Antonio e Eva coñecéronse na sala de festas Paraíso, en 1989, casaron e tiveron unha filla.