CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG emite en alta definición polas dúas canles desde o 26 de marzo

23/03/2019

A campaña informativa -#PonAGalegaenHD- informa aos espectadores para que poidan axustar os seus televisores e gozar da alta definición

Televisión de Galicia é a única televisión con máis dunha canle en España con toda a súa oferta televisiva en HD na TDT, mantendo tamén as dúas canles en SD

A TVG emite en alta definición polas dúas canles desde o 26 de marzo

Santiago, 23.03.2019.-   Televisión de Galicia emitie as súas dúas canles en HD desde o martes, 26 de marzo. Vai ser a única televisión con máis dunha canle en España que as emite todas nesta calidade na TDT, aínda que tamén manterá as canles en SD, coma ata agora.

A CRTVG informa a audiencia, a través dos seus programas, redes sociais e da web crtvg.gal, de como resintonizar os seus televisores para poder gozar da alta definición. Así, os espectadores que dispoñan de aparatos compatibles con HD recibirán un aviso no seu televisor, que detectará as novas canles. Nese momento poderase facer unha actualización da lista de canles, diferente en función da marca do televisor. Logo, xa se poderán reordenar as canles e colocar a Galega HD onde antes estaba a canle en SD.

Os traballos realizados na dixitalización da Corporación, na estabilización da plataforma e o acceso ao múltiplex fixeron que a CRTVG traballara estes últimos meses sobre a posibilidade de emitir polas dúas canles e non só por unha, como era a previsión, de forma que todos os informativos, o deporte, a cultura e o entretemento chegarán aos fogares na máxima calidade.