CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A tranquilidade segue sen volver a 'Serramoura', Hugo e Román levan 24 horas desaparecidos

02/01/2018

A relación de Quique e Sabela vai vento en popa, pero Teresa non dubidará en utilizar a información que posúe en contra da parella

A tranquilidade segue sen volver a 'Serramoura', Hugo e Román levan 24 horas desaparecidos

Santiago, 03.01.2018.-    Tras o intento frustrado de Santos de queimar a vila enteira, a tranquilidade segue esta semana sen volver á serie 'Serramoura' (22.10 horas), e é que Hugo e Román levan 24 horas desaparecidos.

Quique e Sabela lévanse cada día mellor e a súa relación vai vento en popa. Pero Serramoura é unha vila pequena e as novas non tardan es espallarse entre os veciños. O problema é que Teresa descubriu da incipiente relación e non dubidará en utilizar a información que posúe en contra da parella.