CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia recibiu o premio Iris da Academia española de TV pola serie "O Faro"

23/10/2015

A presentadora Silvia Jato tamén foi galardonada polo seu labor no programa da Galega "Boas Tardes"

A Televisión de Galicia recibiu o premio Iris da Academia española de TV pola serie "O Faro"

Santiago, 23.10.2015.-A Televisión de Galicia recibiu un dobre galardón nos premios Iris da Academia Española da TV na gala celebrada onte á noite no Gran Casino de Aranjuez. A Academia recoñeceu "O Faro" como a mellor serie de ficción das televisións autonómicas. A serie, que se emite diariamente na faixa da sobremesa, está a piques de rematar a súa cuarta temporada. "O Faro" é unha exitosa ficción que aborda problemas cotiáns relacionados cos negocios e o amor e participa na realización da mesma a empresa audiovisual galega Zenit TV.

Por outra parte, a Academia premiou tamén a Silvia Jato, quen presentara o pasado ano o programa da galega "Boas Tardes", como mellor presentadora das televisión autonómicas, 

En nome da Televisión de Galicia, a súa directora, Rosa Vilas, agradeceu os recoñecementos e destacou a gran profesionalidade dos equipos dos programas galardoados. Acompañárona no acto a xefa de Programas de TVG, Vanessa Grela; a directora de Zenit TV, Zaza Ceballos, e os actores da serie Raquel Espada, Fernando Tato, Paloma Otero e Adrián Castiñeiras.

A Academia tamén premiara nos dous anos anteriores a Televisión de Galicia. O galardón ao mellor presentador foi recibido por Xosé Ramón Gayoso, e tamén foi recoñecido o excelente labor informativo dos servizos informativos da TVG co programa especial emitido con motivo do accidente do tren Alvia, en Angrois.

 

Nas fotos, Rosa Vilas, directora da TVG, cos galardóns e cos actores da serie "O Faro" e con Silvia Jato, entre outros.

Galería de imaxes