CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia emitiu en outubro 12 dos 25 programas máis vistos

02/11/2017

Dentro das grandes canles, a TVG é a que máis medra no que levamos de ano con respecto ao mesmo período de 2016

Nun mes marcado polo conflito catalán, a Galega continúa a ser referente na faixa informativa de mediodía

A Televisión de Galicia emitiu en outubro 12 dos 25 programas máis vistos

Santiago, 02.11.2017.-    No ranking dos 25 programas máis vistos no mes de outubro a Televisión de Galicia acadou a primeira posición, con 12 emisións, máis que ningunha das outras canles que emiten na comunidade. A seguinte foi Tele5 con 7 programas, seguida de Antena 3 con 4 -dos que 3 corresponden a emisións deportivas- e, por último, La1 con 2 programas que tamén responden a deportes. Os informativos máis vistos volveron ser unha vez máis os da Televisión de Galicia.

A Galega rexistrou o mes pasado unha cota de pantalla do 10,1% no conxunto do día, 4 décimas máis que no mes de setembro, o que supón un incremento de audiencia do 4,1%. No prime time ou faixa de maior consumo televisivo, o share acadado foi do 11,1%.

A cota acumulada no que levamos de ano é dun 10,3%, 5 décimas máis que en 2016. Xunto a La 1, son as únicas grandes canles que melloran os resultados no que vai de ano con respecto a 2016, aínda que de novo a TVG é a que máis medra.

Ademais, a canle pública galega actúa como un dos principais motores de Forta, a federación que agrupa as distintas televisións autonómicas, que en outubro rexistraron unha cota media do 8,6%.
    
Nun mes marcado polo conflito catalán, a Televisión de Galicia continúa a ser a referencia na faixa informativa do mediodía (13.30 - 15.30 h.). De luns a venres, o share neste tramo horario é do 20,6%, e os informativos que máis medran en audiencia son “A Revista” e o “Telexornal 2”.

Se se analiza o perfil da nova audiencia, aumenta a cota no público máis novo e tamén nos índices socioeconómicos máis elevados.