CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A serie da Televisión de Galicia 'Serramoura' chega ás pantallas rusas

10/10/2016

A produción da canle pública está sendo dobrada ao ruso para a súa emisión a partir do 25 de outubro

A serie da Televisión de Galicia 'Serramoura' chega ás pantallas rusas

'Serramoura', unha das series máis populares da Televisión de Galicia, poderá verse a partir do próximo 25 de outubro en Rusia. A AXN SciFi, nome comercial co que opera a plataforma de Televisión da multinacional Sony, adquiriu os dereitos de emisión da produción galega.

Rodada en Galicia e en galego, 'Serramoura' está sendo dobrada actualmente ao ruso en Moscova. A serie, que se comercializa internacionalmente como 'Black Forest', emitirase en Rusia baixo o título fonético de 'Chernyy Les'.  

Actualmente, a Televisión de Galicia está a emitir, todos os domingos pola noite, a terceira temporada de 'Serramoura', cun grande éxito de audiencia. A ficción volveu á canle pública este mes, cunha audiencia media de 123.000 espectadores na súa primeira emisión, cunha cota de pantalla do 13%.