CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A serie da Televisión de Galicia 'O Faro' estrearase en Portugal

14/03/2017

A ficción emitirase na canle Portocanal en versión orixinal

A serie da Televisión de Galicia 'O Faro' estrearase en Portugal

Santiago, 14.03.2017.-  A serie 'O Faro', que a Televisión de Galicia está a emitir de luns a venres, ampliará a súa traxectoria internacional coa estrea en Portugal. A canle de televisión Portocanal confirmou a compra dos primeiros 120 capítulos da produción de Atlántida Media, que programará de xeito inminente en versión orixinal e con subtítulos en portugués.

A ficción estreouse na canle pública galega en 2013 chegando aos 510 capítulos e, tras emitirse noutras televisións autonómicas como a catalá TV3, comezou a súa andaina internacional da man da distribuidora Imagina entrando en mercados audiovisuais tan dispares como Irán, Iraq ou Grecia.   

Ademais de 'O Faro', outras ficcións producidas ou coproducidas pola Televisión de Galicia, como 'Serramoura' e 'Hospital Real', a miniserie 'Códice' ou a serie infantil 'Os Bolechas', foron contratadas no mercado internacional.