CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega retransmite este xoves o Celta-Barça

03/01/2018

Baixo a dirección de Roberto Carlos Carballo, a emisora pública ofrece desde as 18.45 horas o primeiro partido de 2018

A Radio Galega retransmite este xoves o Celta-Barça

Santiago, 03.01.2018.- O primeiro encontro de fútbol de 2018 chega este xoves á Radio Galega. Desde as 18.45 horas, Roberto Carlos Carballo dirixirá a retransmisión do encontro de ida dos oitavos de final da Copa do Rei, que terá como protagonistas o Celta e o Barcelona.

Xaime Escudeiro encargarase da narración do xogo, con Pedro Pablo Alonso co micrófono sen fíos e o adestrador Moncho Carnero na análise táctica. O programa prolongarase ata as dez da noite, coa emisión das conferencias de prensa dos adestradores Valverde e Unzué, e as entrevistas aos futbolistas que acudan á zona mixta.

A primeira semana do ano trae un calendario complicado para o cadro vigués, xa que o domingo 7 tamén recibirá en Balaídos o Real Madrid na competición ligueira. O día 11, o conxunto olívico volverá xogar contra o Barça no Camp Nou, no que será o desenlace da eliminatoria.