CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A xornada de Liga comeza este venres na Radio Galega coa retransmisión do partido Xirona - Deportivo

09/03/2018

Unha edición especial do 'Galicia en Goles' narrará o vital encontro do equipo galego

A xornada de Liga comeza este venres na Radio Galega coa retransmisión do partido Xirona - Deportivo

Santiago 09.03.2018.-   Hoxe venres da comezo unha nova xornada na Liga de Fútbol de Primeira División, cun equipo galego coma protagonista. Desde as 20.30 h., a Radio Galega retransmite o partido Xirona - Deportivo da Coruña, nunha edición especial do 'Galicia en Goles' que estará dirixida por Roberto Carlos Carballo.

Javi Torres viaxa ata a localidade catalá para contar desde o estadio de Montilivi outra final pola permanencia para o equipo coruñés. O seu rival, o Xirona, é sen dúbida a revelación do campionato, posto que está aspirando aos postos europeos, pese a ser o seu primeiro ano na Primeira División.

Con Seedorf como adestrador, o Deportivo aínda non coñece a vitoria, só acadou dous puntos en cinco partidos e marcou un só tanto. Así e todo, atópase a dous puntos da permanencia, polo que se gaña sairía do pozo, á espera do que fagan os seus rivais directos na fin de semana.

Unha vez rematado o encontro, os oíntes poderán escoitar as conferencias de prensa dos adestradores, ademais das entrevistas a pé de campo e na zona mixta aos xogadores máis destacados.