CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega realiza este luns a retransmisión do partido Deportivo-Betis a partir das 20.30 horas

12/02/2018

Unha edición especial do 'Galicia en Goles' narrará o encontro do equipo galego na estrea de Seedorf coma adestrador

A Radio Galega realiza este luns a retransmisión do partido Deportivo-Betis a partir das 20.30 horas

Santiago, 12.02.2017.- A xornada de liga remata este luns  na Radio Galega co partido do Deportivo contra o Real Betis. O equipo coruñés busca saír dos postos de descenso da man do seu novo adestrador, o ex-xogador milanista Clarence Seedorf. O Betis chega nunha mellor situación, pelexando por entrar nos postos europeos.

A Radio Galega realiza unha edición especial do Galicia en Goles para contar o vital partido dende Riazor. Dende as oito e media de tarde, Roberto Carlos Carballo dirixirá o programa, que se prolongará ata as doce da noite. Javi Torres na narración, Pedro Pablo Alonso no micrófono e Xosé Manuel Traba coma analista contarán todo o partido e as reaccións do conxunto herculino.

Os ouvíntes da Radio Galega  tamén poderán seleccionar a retransmisión desta casa en GOL, a canle propietaria dos dereitos de emisión deste encontro.