CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega inicia con AGE a emisión de entrevistas electorais aos candidatos dos principais partidos políticos de Galicia

13/05/2014

A rolda, que hoxe comeza con Lidia Senra, ofrecerase por orde crecente e en días consecutivos 

A Radio Galega inicia con AGE a emisión de entrevistas electorais aos candidatos dos principais partidos políticos de Galicia

Santiago, 13.05.2014.- A Radio Galega emite desde hoxe, ás 22.00 horas, unha serie de entrevistas aos candidatos dos partidos que obtiveron máis de cen mil votos na comunidade autónoma de Galicia nas eleccións europeas de 2009, ou que son grupos políticos significativos, e concorren aos comicios ao Parlamento Europeo do próximo 25 de maio. Estes espazos, que se ofrecen por orde crecente, comezan esta noite coa candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa: a Esquerda Plural (AGE), Lidia Senra.

As entrevistas grávanse nos estudios da emisora pública en San Marcos en horario de mañá para emitirse en días consecutivos no espazo “A Crónica”. Así, o mércores (14 de maio), participará Ana Miranda, candidata do BNG- Os Pobos Deciden; o xoves tocaralle a quenda a Xosé Blanco, do PSOE, e, o venres, complétase a rolda con Millán Mon, do PP.