CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega incrementou a súa audiencia en case un 20% e gañou 23.000 novos oíntes na segunda onda do EXM

02/07/2015

A emisora autonómica rexistrou 141.000 seguidores no conxunto da semana
e 153.000 no período comprendido de luns a venres

A Radio Galega incrementou a súa audiencia en case un 20% e gañou 23.000 novos oíntes na segunda onda do EXM

Santiago, 02.07.2015.-    Segundo os datos da segunda onda do Estudio General de Medios (EGM), correspondentes aos meses de abril e maio, a Radio Galega incrementou a súa audiencia en case un 20% e gañou 23.000 novos oíntes de luns a domingo. A emisora autonómica rexistrou 141.000 oíntes no conxunto da semana e 153.000 no período comprendido de luns a venres.

Con respecto á mesma onda de hai un ano, a RG foi quen de lograr 25.000 novos oíntes de luns a venres e 24.000 de luns a domingo, o que en termos porcentuais significa un incremento do 19,5% e do 20,5% respectivamente.

Se se teñen en conta as audiencias do denominado ano móbil, o comprendido entre outubro de 2014 e maio de 2015, a audiencia da Radio Galega medra ata os 157.000 oíntes de luns a venres e ata os 142.000 no conxunto a semana.

Pola súa parte, Radio Galega Música acada nesta segunda onda do EXM 16.000 oíntes de luns a venres e 15.000 e luns a domingo.