CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega conmemorou o Día de Rosalía cun programa especial e un libro desde a Casa Museo de Padrón

24/02/2014

Desenvolveuse unha edición de “Diario Cultural” aberta ao público, coa participación de 36 poetas que recrearon os poemas da autora galega

A Fundación Rosalía de Castro reuniu os poemas inéditos destes autores no libro-CD "De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI"

Con este acto rematan as emisións desta iniciativa literaria, que a emisora pública galega promoveu ao longo do a

A Radio Galega conmemorou o Día de Rosalía cun programa especial e un libro desde a Casa Museo de Padrón

Santiago, 24.02.2014.-  Un programa especial do “Diario Cultural” desde a Casa Museo de Rosalía en Padrón serviu de marco, este luns, para a presentación do libro-CD "De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro", que edita a Fundación Rosalía de Castro en colaboración coa Radio Galega. Con este acto culmina unha iniciativa promovida polo informativo cultural da radio pública, que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro Cantares Gallegos.

 O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e a directora da Radio Galega, Rosa Martínez, presentaron o proxecto no acto co que as dúas entidades conmemoraron o Día de Rosalía. Os poemas inéditos lidos por algúns dos autores e autoras que participan en De Cantares Hoxe e a música na voz de Najla Shami formou parte dun programa especial do “Diario Cultural” aberto ao público e no que se revisou tamén a pegada da obra de Rosalía de Castro na poesía contemporánea.

 Luz Pozo Garza, Xulio Valcárcel, María Xosé Queizán, Arturo Casas, Carmen Blanco, Manuel Forcadela, Oriana Méndez, Marilar Aleixandre, Luís González Tosar, Elvira Ribeiro, Cesáreo Sánchez, Claudio Rodríguez Fer, Helena Villar, María Lado, Xosé María Álvarez Cáccamo, Claudio Pato, Gonzalo Hermo, Miro Villar, Anxo Angueira, Xabier Queipo, Eva Veiga, Marta Dacosta, Eduardo Estévez, María do Cebreiro, Xabier Cordal, María Reimondez, Manuel Darriba, Yolanda Castaño, Marga Romero, Olalla Cociña, Lino Braxe, Antía Otero, Román Raña, Dores Tembrás, Celso Fernández Sanmartín e Susana Sánchez Aríns son os autores e autoras que participaron no proxecto.

 “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Século XXI” procura os acentos da obra de Rosalía de Castro na dicción e na escrita contemporánea. O resultado é unha das antoloxías poéticas sonoras con textos inéditos mais extensas e plurais da historia da literatura galega.

 Con este acto de presentación na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón remataron as emisións desta iniciativa literaria que a emisora pública galega promoveu ao longo do ano pasado.  

Galería de imaxes