CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A presenza da propietaria de 'Casa Manola' no 'Luar', eixe do capítulo desta noite

19/06/2017

Farta das instromisións da súa sogra no seu novo negocio do gastrobar, Vero quere librarse dela facéndolle crer que está convidada á gravación do programa (22.35 h.)

A presenza da propietaria de 'Casa Manola' no 'Luar', eixe do capítulo desta noite

Santiago, 19.06.2017.-   No capítulo desta semana, os espectadores de 'Casa Manola' verán como o gastrobar de Vero non tarde en encherse de veciños da vila, que lle dan ao local un ambiente moi afastado do glamour que pretende lograr a súa propietaria.

Farta das instromisións de Manola no novo negocio, Vero decide librarse dela facéndolle crer que está convidada á gravación de 'Luar'. Ilusionada ante a posibilidade de coñecer a Xosé Ramón Gayoso, o seu presentador favorito, Manola está disposta a todo por chegar ao estudio de gravación da Televisión de Galicia.

Mentres tanto, Nacho decide comprobar se Sindo é un amigo de verdade ou só está con el por interese.