CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A presentadora Toñi Moreno e o grupo de trap Verto, convidados esta semana no 'Land Rober Tunai Show'

08/04/2021

Tamén estará pintando a mona o actor Antonio Garrido e volve a familia de mariscadores máis peculiar, con Josiño desorientado despois da Semana Santa

A presentadora Toñi Moreno e o grupo de trap Verto, convidados esta semana no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 08.04.2021.-    O mellor humor regresa este xoves á TVG cunha nova edición do programa  ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h), que desta volta recibirá a Toñi Moreno. A presentadora chegará disposta a dalo todo nun programa en que se vai poñer a proba con caras moi coñecidas da TVG. E de andaluces vai a cousa, xa que tamén estará pintando a mona o actor Antonio Garrido.

Esta semana volve tamén a familia de mariscadores máis peculiar. Que lle pasará a Josiño? Os espectadores verán que a Semana Santa o deixou moi confundido e desorientado. O toque musical virá da man de Verto, o grupo de trap galego, que  presentará no estudio do ‘Land Rober’ o seu novo disco, titulado ‘Embora’.