CRTVG Viva
A película 'Elisa e Marcela', participada pola TVG, competirá polo Oso de Ouro na Berlinale
O filme da directora Isabel Coixet trata sobre o primeiro matrimonio de mulleres na historia, celebrado en Dumbría en 1901 entre dúas mestras galegas

Santiago, 11.01.2019.- A película 'Elisa e Marcela', dirixida pola cineasta catalá Isabel Coixet e que conta coa participación da Televisión de Galicia, participará na sección oficial a competición do Festival de Cine de Berlín que se celebrará do 7 a 17 de febreiro na capital alemá.
Coas actrices Natalia de Molina e Greta Fernández como protagonistas e cun amplo elenco galego, 'Elisa e Marcela' trata sobre o primeiro matrimonio de mulleres na historia, celebrado en Dumbría en 1901 entre dúas mestras galegas que, tras seren descubertas, ocuparon as portadas de diarios de todo o mundo.
O filme rodouse a primavera do ano pasado na comarca de Fisterra e nas cidades de Pontevedra, Santiago e A Coruña. A galega Zenit coproduce a película sobre unha historia convertida en icónica loita pola igualdade de dereitos e a liberdade sexual.