CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A película documental ‘O pacto dos estudantes’, nova estrea este martes na segunda canle da Galega

19/10/2021

Tres alumnos universitarios reciben o encargo de buscar unha longametraxe que puideron realizar Lorca, Dalí e Buñuel na Residencia de estudantes

A película documental ‘O pacto dos estudantes’, nova estrea este martes na segunda canle da Galega

Santiago, 19.10.2021.-  A segunda canle da Galega estrea este martes unha nova película documental participada pola Televisión de Galicia, ‘O pacto dos estudantes’ (23.25 h). A produción está dirixida por Juan Miguel del Castillo e con Alejandro Albarracín, Marina Salas e Alba Messa como protagonistas.

Nesta movie-doc, tres alumnos que acaban de graduarse na universidade reciben o encargo de buscar unha película que puideron realizar Lorca, Dalí e Buñuel durante a súa estadía na Residencia de estudantes.

Galería de imaxes