CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A película “A Esmorga”, participada pola TVG, resulta candidata aos Premios Goya na categoría de mellor guión adaptado

07/01/2015

A adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor é a primeira longametraxe de ficción rodada en galego que opta a este galardón

A película “A Esmorga”, participada pola TVG, resulta candidata aos Premios Goya na categoría de mellor guión adaptado

Santiago, 08.01.2015.-  O filme do ourensán Ignacio Vilar, “A Esmorga”,  producido por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG, que pechou 2014 converténdose nun éxito indiscutible do cinema galego, estrea ano facendo novamente historia e acada unha candidatura na categoría de mellor guión adaptado aos Premios Goya da Academia do Cine Español á primeira longametraxe de ficción rodada en galego que opta a este galardón.

Amplamente eloxiada por público e crítica desde a súa estrea, esta candidatura avala o excelente traballo de adaptación á gran pantalla da novela homónima de Blanco Amor, realizado por Ignacio Vilar e o guionista galego Carlos Asorey, en que cun gran respecto ao texto orixinal percorren as diferentes técnicas cinematográficas (interpretación, fotografía, arte, música, etc.) para poñer en valor e dar unha segunda vida a esta particular historia.

A piques de iniciar a súa 8ª semana na carteleira das principais cidades galegas, o filme foi visto xa por máis de 40.000 espectadores desde a súa estrea o pasado 21 de novembro e ten prevista a súa estrea fóra de Galicia na primavera.