CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A nova cita do Guardés en Europa, fútbol na 2ª RFEF e o MXGP de España de motocrós, esta fin de semana na CRTVG

15/10/2021

Pontevedra C. F.-U. D. Llanera, S. D. Compostela-C. Marino de Luanco e Arousa S. C.-C. D. A. Navalcarnero, en directo, nos medios públicos galegos

A nova cita do Guardés en Europa, fútbol na 2ª RFEF e o MXGP de España de motocrós, esta fin de semana na CRTVG

Santiago, 15.10.2021.- Balonmán, fútbol e motocrós son as principais disciplinas deportivas que destacarán esta fin de semana nos medios públicos galegos. O conxunto de balonmán feminino que dirixe José Ignacio Prades, o Mecalia Atl. Guardés, enfrontarase este sábado nunha nova cita da competición continental ao Hypo austríaco. A G2 e a web da CRTVG ofrecerán en directo, ás 17.00 horas, este terceiro cruzamento das galegas contra o equipo que gañou xa oito veces a Liga europea.

A Segunda RFEF de fútbol será outra das protagonistas da oferta dos medios públicos, que comezará coa emisión do encontro entre o Pontevedra C. F. e o U. D. Llanera (sábado, 19.00 h). Xa o domingo poderanse seguir, tamén en directo, o S. D. Compostela-C. Marino de Luanco (17.00 h) e o Arousa S. C.-C. D. A. Navalcarnero (19.00 h).

Amais, a G2 e a web da CRTVG transmitirán o MXGP de España do Campionato do Mundo de Motocrós, coa participación do lucense Jorge Prado, dobre campión do mundo de motocrós da categoría MX2, que intentará gañar ante o seu público no circuíto Xanadú, en Arroyomolinos. O torneo disputarase o domingo, ás 13.00 e ás 16.00 horas.