CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A la de ovella, o camiño da horta ao prato e os porcos celtas, protagonistas das historias desta noite de "Cos Pés na Terra"

12/06/2018

O espazo da Televisión de Galicia dedicado a contar a historia daquelas persoas que deciden buscar no campo e a natureza o seu xeito de vida, traeralles tres novas historias aos espectadores da canle pública nesta entrega (22.55 h.)

A la de ovella, o camiño da horta ao prato e os porcos celtas,  protagonistas das historias desta noite de "Cos Pés na Terra"

Santiago, 12.06.2018.-    “Cos Pés na Terra”, o espazo da Televisión de Galicia dedicado a contar a historia daquelas persoas que deciden buscar no campo e a natureza o seu xeito de vida, traeralles tres novas historias aos espectadores da canle pública nesta entrega.

O programa tira hoxe do fío do enxeño de Marta, que foi quen de facer da la de ovella o abrigo do seu día a día. Con ela, os espectadores poderán refrescar os saberes dun labor milenario.

Ademais, “Cos Pés na Terra” percorrerá o camiño da horta ao prato na compaña de Xosé, un rapaz suxeito ás tradicións á hora de ter ben mantidos todos os que se achegan ao seu fogar/restaurante.

Finalmente, ao equipo do programa tocaralle emporcarse cos porcos celtas de Isabel e Antón, uns animais que lles axudaron a cambiar de vida a estes rapaces, por máis que houbese cousas que xa traían de serie.