CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Galega, única canle en España que ofrece os partidos da Copa América 2019 en aberto

14/06/2019

Desde este sábado, a G2 ofrecerá, en directo, os mellores encontros do torneo de fútbol máis importante de América do Sur, que arranca co debut de Arxentina-Colombia
 

A Galega, única canle en España que ofrece os partidos da Copa América 2019 en aberto

Santiago, 14.06.2019.-  Televisión de Galicia é a única canle en España que ofrece os partidos da Copa América 2019 en aberto. Os mellores encontros do principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur, o máis antigo do mundo, poderanse seguir en directo e, en exclusiva, para Galicia desde esta fin de semana. Deste xeito, na madrugada do sábado ao domingo, ás 00.00 horas, na G2 emitirase o debut da Arxentina ante Colombia no campionato.

A segunda canle da Galega ofrecerá un total de 10 partidos, repartidos entre as catro etapas da competición: fase de grupos, cuartos de final, semifinais e final. Amais da emisión da Arxentina-Colombia, na madrugada do domingo transmitirase ás 00.00 horas Uruguai-Ecuador, correspondente tamén á fase de grupos. A seguinte fin de semana, poderanse seguir Perú-Brasil (sábado) e Qatar-Arxentina (domingo), ambos os dous ás 21.00 horas.

Organizada pola Conmebol, a Copa América 2019 desenvolverase por quinta vez no Brasil, entre o 14 de xuño e o 7 de xullo. Nesta 46 edición participan 12 seleccións, xa que o torneo conta coas de Qatar e O Xapón como convidadas especiais.