CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG participa co Xabarín e Os Bolechas na cabalgata de Reis da Coruña

03/01/2018

Os personaxes do club infantil e xuvenil da Galega desfilarán nunha carroza colorida polas rúas da cidade

 

A CRTVG participa co Xabarín e Os Bolechas na cabalgata de Reis da Coruña

Santiago, 03.01.2018.-  A CRTVG participará este venres na cabalgata de Reis da cidade da Coruña. Entre as carrozas do evento, os medios públicos galegos disporán un vistoso autobús, en que serán protagonistas os divertidos Bolechas e o rei dos porcos bravos, o Xabarín, acompañados de nenos e nenas.

A carroza colorida da CRTVG ten un deseño inspirado na Paz, tema da cabalgata da cidade, e está repleta de símbolos que fan referencia á convivencia pacífica, á armonía e á ledicia. Nos seus laterais inclúe amais rótulos cos principais personaxes de animación das series infantís e xuvenís que o 'Xabarín Club' ofrece cada día na tvG2.