CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG emitirá todo o deporte galego nunha fin de semana completamente polideportiva

09/02/2018

Os derbis entre equipos galegos  en fútbol sala e Segunda B e o partido do Celta no 'Galicia en Goles', o máis destacado

A CRTVG emitirá todo o deporte galego nunha fin de semana completamente polideportiva

Santiago, 09.02.2018 -  A vela, o fútbol sala, o squash ou o hóckey serán as apostas deportivas neste fin de semana nas canles públicas galegas. O fútbol será tamén un  dos protagonista na tvG2, cos derbis entre os conxuntos de Segunda B.

Un destes derbis dará comezo á fin de semana deportiva na galega. A tvG2 emitirá  o sábado ás (17.00 horas) o Coruxo- Deportivo B, encontro en que os coruñeses loitarán por continuar en posicións de ascenso mentres que os locais buscarán non caer no descenso.

A continuación na tvG2 emitirase outro derbi, neste caso o partido entre os dous conxuntos galegos na segunda división do fútbol sala. Ás (19.00  horas) enfrontaranse o Pescados Rubén de Burela e o Prone Lugo, nun derbi fratricida en que ambos buscarán unha vitoria necesaria. No caso do Burela, para manterse na cabeza da clasificación, e o Prone Lugo, para saír da zona de descenso.

A vela volve a tvG2 esta fin de semana ca emisión da cuarta etapa da Volvo Ocean Race a partir das (21 30 horas.)

O domingo comeza coa emisión ás (11.15 horas)  na web das finais do Campionato de España de squash, masculino e feminino. Este ano ten lugar  en Santiago. O santiagués Borja Golán é o gran favorito do campionato posto que xa conta con quince vitorias. Os partidos poderanse ver na tvG2 en diferido a partir das (19.30 horas).

Na  tvG2 , pola mañá, ás (12.00 horas)  emítese  o partido de hóckey entre o Liceo e o Arenys de Munt. O equipo galego busca a vitoria ante un equipo teoricamente accesible  para seguir a estela do líder, o F.C. Barcelona.

Pola tarde, o protagonismo será para o outro derbi galego da Segunda B. Ás (16.30 horas) enfróntanse o Rapido de Bouzas- Celta B, emitido de novo na tvG2.

O Celta-Español, principal referencia na Radio Galega esta fin de semana

A Radio Galega comeza o sábado ás (16.00 horas)  a súa primeira sesión. No deporte rei retransmitirá o  Coruxo-Fabril, da Segunda B, e tamén o Somozas-Vilalbés e  o Céltiga-Ribadumia, da Terceira. Tamén se centrará na actuación de equipos galegos noutros deportes. En baloncesto  retransmitirase o Obradoiro-Murcia, da Liga ACB, e tamén o Cangas-Benidorm e o Guadalaxara-Teucro, da Liga Asobal de balonmán.

O domingo dará comezo a segunda sesión ás (12.00 horas) e narraranse  o Sanse-Pontevedra, da Segunda B e o Liceo-Arenys de Munt, da Liga de hóckey.

Xa pola tarde, o Celta- Español terá o protagonismo a partir das (18.30 horas) Nesta sesión vespertina tamén se prestará atención o encontro da Segunda entre o Lugo e o Zaragoza así coma toda a xornada de Segunda B.

Xa fóra da fin de semana, a Radio Galega retransmitirá o encontro en que o Deportivo recibe en Riazor o Betis, ás (20.45 horas), con Roberto Carlos Carballo.