CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG e o Círculo Financiero de Galicia asinan un convenio de colaboración para actuacións conxuntas

09/07/2019

A primeira acción destacada de colaboración será a organización do evento Galicia Global os días 24, 25 e 26 de outubro de 2019

O Círculo Financiero de Galicia aglutina os tres grandes círculos empresariais de Galicia: a Asociación Círculo Empresarios de Galicia, de Vigo, o Club Financiero Atlántico da Coruña, e o Club Financiero de Santiago

A CRTVG e o Círculo Financiero de Galicia asinan un convenio de colaboración para actuacións conxuntas

Santiago, 09.07.2019.-  A Corporación de Radio Televisión de Galicia e o Círculo Financiero de Galicia asinaron hoxe un convenio para levar a cabo accións conxuntas de colaboración. O acordo foi rubricado na sede da CRTVG polo director xeral da Corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo e por Roberto Pereira Costa, presidente do Círculo, en presenza da empresaria Rosa Blanca Rodríguez e os empresarios Ramón Sabín e José María Fernández.

Segundo este convenio, a CRTVG e o Círculo Financiero de Galicia impulsarán a colaboración, na forma de intercambio de información e experiencias e o desenvolvemento de actuacións conxuntas para o cumprimento e potenciación dos seus respectivos fins. A primeira acción destacada de colaboración que levarán a cabo será a organización do evento Galicia Global os días 24, 25 e 26 de outubro de 2019. Neste encontro cítanse a rede de directivos e directivas galegas que lideran organizacións internacionais para favorecer as relacións e o intercambio de coñecementos.

O recentemente creado Círculo Financiero de Galicia aglutina os tres grandes círculos empresariais de Galicia: a Asociación Círculo Empresarios de Galicia, de Vigo, o Club Financiero Atlántico da Coruña, e o Club Financiero de Santiago.