CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG e Amtega celebran un 'workshop' de presentación para o desenvolvemento de proxectos innovadores

26/11/2018

A Corporación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asinaron en xullo un convenio para o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais interactivos, co que se busca posicionar Galicia na vangarda do sector audiovisual a nivel internacional

A CRTVG e Amtega celebran un 'workshop' de presentación para o desenvolvemento de proxectos innovadores

Santiago, 22.11.2018.-  A CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), celebran este luns na sede de San Marcos da Corporación un 'workshop' de presentación do Mapa de Demanda Temperá dentro do proceso de Compra Pública de Innovación para a posta en marcha dunha plataforma integral de servizos e solucións baseadas en contidos dixitais interactivos.
 
José Pereira, director de Innovación e Negocio da CRTVG, abriu a xornada (10.00 h.), en que se presentan as fichas de avance e o mapa de demanda temperá, obtidos como resultados das consultas ao mercado desenvolvidas.
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a CRTVG colaboran neste proxecto de Consultas ao mercado para o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais interactivos, co que se busca posicionar Galicia na vangarda do sector audiovisual a nivel internacional a través dos sectores TIC e audiovisual, grazas ao convenio asinado no mes de xullo. Segundo ese convenio, os dous organismos levan a cabo accións conxuntas de innovación tecnolóxica, como esta creación dun modelo de análise de datos relativos ás necesidades da audiencia. Deste xeito, Amtega e a CRTVG están a colaborar para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo, no marco do Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset.

*Foto:. José Pereira, director de Innovación e Negocio da CRTVG, na súa intervención