CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG amplía o servizo 'Mira Radio Galega' aos programas 'Somos quen' e 'Galicia en goles', que poderán verse en directo

05/05/2017

Os medios públicos estenden o proxecto para facer visuais os contidos da emisora, ofrecendo na web os seus espazos desde os estudios de San Marcos

A CRTVG amplía o servizo 'Mira Radio Galega' aos programas 'Somos quen' e 'Galicia en goles', que poderán verse en directo

Santiago, 05.05.2017.-  Os programas da Radio Galega 'Somos quen' e 'Galicia en goles' incorpóranse a 'Mira Radio Galega', o novo servizo dos medios públicos para facer visuais os contidos da emisora. Deste xeito, os seguidores de ambos espazos poderán velos en directo mentres se desenvolven nos estudios de San Marcos a través da web da CRTVG, tanto na sección de directos da portada, como na dedicada á emisora radiofónica

“Mira Radio Galega”, que arrancou o pasado mes de marzo co programa 'A Tarde' amplía o seu servizo con estes novos espazos. 'Somos quen' poderá verse en streaming  a partir do domingo 7 de maio, no seu horario regular de emisión, de 8.30 a 12.00 h. Pola súa banda, desde o luns día 8, 'Galicia en goles' estará accesible en 'Mira Radio Galega' nas súas edicións das 20.30 ás 21 h. e das 23.00 h.