CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Copa do Rei, este xoves no 'Galicia en goles' da Radio Galega

22/01/2020

O Mirandés e o Celta enfrontaranse ás 19:00 horas no Estadio Municipal de Anduva

A Copa do Rei, este xoves no 'Galicia en goles' da Radio Galega

Santiago, 22.01.2020.-     Este xoves, a Radio Galega ofrece unha edición especial de Galicia en goles, coa retransmisión do partido dos dezaseisavos de final da Copa do Rei de fútbol entre o Mirandés e o Celta de Vigo. Paco Santos conduce a emisión do programa desde as 18.45 horas, con Roberto Carlos Carballo desprazado ao estadio Anduva e cos comentarios do especialista na información do Celta, Víctor López.

Tras empatar en San Mamés na Liga, o equipo que dirixe Óscar García afronta o compromiso copeiro co obxectivo de acceder aos oitavos de final. O seu rival é un club da Segunda División A, que non xogou partido a pasada xornada ao estar inundado o terreo de xogo. Na clasificación ocupa un posto na zona media, a só tres puntos dos postos que conducen á fase de ascenso. O Celta atravesa por unha delicada situación na Liga, en postos de descenso á Segunda División A, pero no cadro de xogadores a Copa continúa sendo un torneo prioritario.

A emisión do Mirandés - Celta poderán seguila os oíntes a través da FM, TDT, a web da Radio Galega e a aplicación Radioplayer España.