CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A cantante María Villalón e o grupo Atacados, convidados no 'Bamboleo' deste sábado

06/07/2019

O espazo presentado por Lucía Regueiro (22.45 h.) tamén ofrecerá as actuacións da artista galega Mari Costa e de Los Satélites, unha das orquestras con máis historia de Galicia

A cantante María Villalón e o grupo Atacados, convidados no 'Bamboleo' deste sábado

Santiago, 06.07.2019.-  'Bamboleo’, o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita da cantante, compositora e escritora María Villalón, cuxa música bebe de xéneros coma o fado e a copla. A intérprete malagueña comezou a cantar aos tres anos e aos 18 chegoulle a súa grande oportunidade tras gañar o concurso ‘Factor X’ en 2007 e, máis recentemente, tamén resultou gañadora do programa ‘Tu Cara me Suena’.

Tamén estarán este sábado en ‘Bamboleo’ Atacados, banda de pop rock formada en Madrid en 2006. O seu estilo musical fusiona ritmos pop rock, punk californiano e guitarras potentes. Tras alcanzar case un millón de visitas co sinxelo ‘Hasta que salga el sol’, presentan o seu novo sinxelo, ‘Nadie como tú’, un tema cargado de enerxía e diversión.

O espazo presentado por Lucía Regueiro contará ademais coas actuacións da cantante galega María Costa, que interpretará ‘Para ver sorrisos has ter que soñar’, e de Los Satélites, unha das orquestras con máis historia e tradición de Galicia.

No escenario tamén estarán Diana Durán, interpretando ‘Lía’, de Ana Belén, e Ismael Rodríguez, co tema ‘Y nos dieron las diez’, de Joaquín Sabina, competindo ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ contará coas seccións ‘ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Tamara e Natalia se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Ahora te puedes marchar, de Super Junior, e ‘Dirtidansi’, en que Marcelo e Belén bailarán rumba.