CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A cantante malagueña Pasión Vega presenta esta noite o seu novo disco en "Bamboleo"

07/07/2018

O espazo da TVG (22.55 h.) tamén ofrecerá as actuacións de Plan Siberia, Los Duques de Monterrey e a orquestra La Favorita

A cantante malagueña Pasión Vega presenta esta noite o seu novo disco en "Bamboleo"

Santiago, 07.07.2018.-   O espectáculo e o entretemento familiar serán protagonistas un sábado máis na TVG co programa “Bamboleo”, que recibirá hoxe a visita de Pasión Vega. A cantante malagueña presentará o seu novo disco, “40 quilates”, o seu oitavo traballo de estudio, unha proposta ecléctica e elegante, en que se reflicte a madurez e a experiencia adquirida tras máis de 20 anos de exitosa carreira musical.

O programa tamén contará coa presenza no escenario coa presenza do compositor pontevedrés Gabriel Estrada, que conta cun amplo rexistro e cunha formación musical moi influenciada polo seu paso por distintas agrupacións tradicionais. Co seu proxecto musical Plan Siberia, foi o gañador do concurso da canción do verán da CRTVG

Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coa actuación da orquestra La Favorita e de Los Duques de Monterrey, unha banda de Vigo que se achega aos corridos mexicanos con temas sobre amores perros, ausencias e historias de narcos nunca homenaxe aberta á sonoridade mexicana.

Por outro lado, nas seccións habituais do programa, “Agora ou Nunca”, amosará o potencial artístico de Irene Ruíz, co tema “No quiero nada sin ti”, de Tamara; e de Diego Peralta, que interpretará “Carolina”, de M Clan.

Ademais, na “ITV do amor”, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, “Déixate de Juasá” animará a Diego, Iván e Roberto a deixarse de tanto trebello tecnolóxico e dicirse as cousas á cara; Manolo e Mercedes competirán cantando con karaoke en “A Jrileira”, hoxe co tema “Todos me miran”, de Gloria Trevi, e parellas de distintas xeracións bailarán na sección “Dirtidansi”, nesta ocasión os estilos jive e valse.