CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A actriz Lucía Regueiro e o xornalista Rodrigo Vázquez acompañarán a Gayoso nas badaladas de fin de ano

12/12/2017

A Televisión de Galicia fará esta retransmisión en directo desde a praza do Obradoiro en Compostela


Lucia Regueiro é unha das protagonistas da exitosa seria da TVG “Serramoura” e Rodrigo Vázquez actualmente presenta o concurso "Ti Verás"

A actriz Lucía Regueiro e o xornalista Rodrigo Vázquez acompañarán a Gayoso nas badaladas de fin de ano

Santiago, 12.12.2017.- Xosé Ramón Gayoso despedirá este 2017 acompañado da actriz Lucía Regueiro e o xornalista Rodrigo Vázquez. Os tres serán os protagonistas das badaladas de fin de ano que a Televisión de Galicia está a preparar para a noite do 31 de decembro, a partir das 23.55 h.

As doce badaladas que anuncian o Aninovo serán seguidas en directo desde a praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, e soarán simultaneadas coas do reloxo da Porta do Sol de Madrid.

Este ano, o presentador de Luar terá unha dobre compañía, en que non fallarán os sorrisos, o bo humor e, por suposto, a información para aclararlles a todos os espectadores o momento oportuno, despois dos famosos cuartos, para comer as doce uvas da sorte. A actriz Lucía Regueiro, protagonista da serie 'Serramoura', e o xornalista Rodrigo Vázquez, coñecido por presentar distintos programas na Televisión de Galicia e actualmente á fronte do concurso 'Ti Verás', formarán un gran equipo xunto a Gayoso para despedir o ano con todos os galegos.