CRTVG

Buscar

Labovisión

"TV aumentada": o novo proxecto da CRTVG (Labovisión de Galicia)

30/11/2012

 

Labovisión de Galicia é unha iniciativa para promover e apoiar a creación de talento xurdido no noso país, orientado á procura e ao desenvolvemento das novas tendencias audiovisuais. Desde esta plataforma, a CRTVG apoiará iniciativas que desde Galicia poidan achegar ideas e solucións para algunhas das grandes incógnitas que agora presenta a aplicación da tecnoloxía da comunicación.

Con este proxecto, a CRTVG buscará aproveitar as sinerxías das distintas entidades e institucións, para traballar en rede na experimentación conxunta de tendencias innovadoras no campo audiovisual e colaborar con emprendedores dixitais galegos. A finalidade de Labovisión de Galicia será experimentar nos novos medios e nos novos formatos, de xeito que a CRTVG se converta nun escaparate e nun banco de probas de novos proxectos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí