CRTVG

Buscar

Labovisión

Santiago, 04.12.2014.-    A CRTVG pon hoxe en marcha vivea.gal, a primeira guía de eventos en vivo de Galicia, un servizo público que nace para axudar a todos os protagonistas do lecer e da cultura do país (artistas, propietarios de salas, promotores, asociacións...) a difundir e promover a súa oferta entre os cidadáns. Así, en vivea.gal os usuarios atoparán os mellores concertos, obras de teatro, espectáculos escénicos, exposicións, feiras, festas, eventos para nenos e obradoiros culturais de Galicia.

Este proxecto transmedia, que nace na internet conectando os usuarios e que se expande en todas as canles da CRTVG, pretende reinventar o concepto das guías de lecer tradicionais que desde hai décadas proporcionaban información de axuda para decidir en que empregamos o tempo libre.

Vivea.gal permitirá vivir a gran oferta de lecer, arte e cultura das cidades galegas con intensidade e con atracción para todos os públicos. Por iso, desde o seu nacemento, amosa máis dun milleiro de eventos que se poden gozar en Galicia nos vindeiros días e ofrécelles aos usuarios a posibilidade de comprar entradas dos seus eventos favoritos desde a internet.

A plataforma pode ser consultada desde todos os dispositivos e, polo tanto, reforza o obxectivo da CRTVG de facilitarlles aos seus usuarios “onde, como e cando” queren consumir os contidos. Ademais, achégalles todas as semanas aos correos dos seus seguidores unha newsletter onde se seleccionan e recomendan os principais eventos da oferta cultural da fin de semana.

Esta iniciativa é o primeiro proxecto que nace baixo o paraugas de .gal, convertendo así a CRTVG nun referente de compromiso co idioma galego na internet.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí