As dúas sociedades da Compañía de Radio/Televisión de Galicia contan cun consello asesor. Aínda que este organismo non ten competencias decisorias, asesora emitindo opinión ou ditame cando lle sexa requirido sobre a programación.
O Director Xeral é o responsable executivo da CRTVG, nomeado polo Goberno de Galicia. A duración do seu mandato coincide coa da lexislatura do Parlamento. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.