Información

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia está formada por dúas sociedades anónimas, a Televisión de Galicia, S.A. e a Radio Galega, S.A.
As dúas sociedades da Compañía de Radio-Televisión de Galicia contan cun Consello Asesor. Aínda que este organismo non ten competencias decisorias, asesora emitindo opinión ou ditame cando lle sexa requirido sobre a programación.
Ademais conta cun Consello de Administración, composto por doce membros elixidos para cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, entre persoas de acreditado prestixio profesional.
O Director Xeral é o responsable executivo da CRTVG, nomeado polo Goberno de Galicia. A duración do seu mandato coincide coa da lexislatura do Parlamento. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía.
COMO CHEGAR