TVG liderou o 'prime time' galego durante a fin de semana cunha cota de pantalla de 14,3%

06/02/2012 15:16
TVG liderou o 'prime time' galego durante a fin de semana cunha cota de pantalla de 14,3%

A Galega foi ademais o sábado a canle máis vista no conxunto do día ao rexistrar un 11,9% de 'share'.

Na xornada do venres acadou os catro programas con maior audiencia.

Santiago, 06.02.2012.- A Televisión de Galicia liderou as audiencias no 'prime time' galego  esta fin de semana pasada. De venres a domingo, a Galega obtivo no horario de maior consumo televisivo unha cota de pantalla de 14,3%, tal e como recollen os informes da empresa de audimetría Kantar Media. No conxunto do día, a canle pública galega acadou un 12,6% de cota.

Cómpre salientar que a TVG foi o sábado a canle máis vista no conxunto do día ao contar cunha cota de pantalla de 11,9%.

O venres, xornada en que a Galega logrou unhas cotas de 17, 1% no 'prime time' e de 13,8% no conxunto do día, acadou amais os catro programas de maior audiencia: “Telexornal Mediodía” (33,2%), “Telexornal Serán” (18%), “Luar” (16,9%) e “Galicia Noticias” (33,1%).

Ao longo da fin de semana, a canle pública galega foi vista nalgún momento por 1.468.000 espectadores galegos, o que se traduce nun 55,6% dos residentes en Galicia, con 4 e máis anos.

Na foto superior a parella protagonista do programa "Casamos!" que a TVG emitiu este sábado pasado.

Compartir en Facebook
Valoración